Francos posúe unha igrexa parroquial que hoxe non é matriz, xa que a freguesía principal está en Laxes.
Ten un adro-cemiterio que circunda a parte posterior, pois ó fronte accédese por unha escalinata.
A porta de acceso é adintelada, cunha espadana dun van que leva coma remate unha moldura con decoración alusiva á casa reinante no momento de erguemento da igrexa -no ano 1663-. xa que a carón dos dous pináculos barrocos, e baixo a cruz. ven exploiada un águia bicéfala (simboloxía dos Austrias).
A nave está cuberta a dúas augas, sobre tres trabes soportadoras do peso do teito, de lousa do país. O presbiterio, máis elevado, está cuberto a catro augas.
O retablo é renacentista, sinxelo e tosco, e leva imaxinería referente ó Salvador, representado con capa e túnica máis unha bola do mundo, santo Antonio e unha santa Tareixa.