A igrexa parroquial está situada nun outeiro que recibe o nome de Alto de San Gregorio, onde parece que estivo situada unha pequena capela de advocación a este santo.
O vello templo ardeu en 1926, data na que foi erguido o actual.
Frontis con comporta en arco de medio punto, sen impostas.
Posúe un adro-cemiterio que circunda a parte dianteira da igrexa, e ten unha nave corrida cuberta de lousa sobre armazón de madeira, baixo o que se sitúa barrotiño caleado.
A espadana de dous corpos, con vanos no inferior e un no superior.
O presbiterio é máis baixo e máis reducido que a nave, arco de acceso de medio punto e bóveda de canón, e por el, no lateral sur, accedese á sancristía.
Retablo barroco que ocupa todo o testeiro, un corpo con tres fornelos e catro columnas salomónicas de acios e outro superior semicircular, que fai de ático, este cun fornelo entre dous pequenos piares. Nel está a imaxe do titular -o Salvador.
No apartado de ourivería hai que salientar o cáliz de prata, custodiado na sancristía, na que tamén se garda un Cristo do XVIII, como a imaxe do Salvador.