Hoxe pertencente á freguesía de Covas, no lugar de Quintá está situada a hoxe capela chamada de Quintá de Ribadeneira, templo tipicamente rural, de planta rectangular.
Posúe un arco triunfal rebaixado que leva ó altar, cuberta con catro trabes tirantes. Retablo con dúas columnas salomónicas, unha santa Olalla cun libro, un san Mateo, un santo Antonio e un San Bertomé , tallas rústicas e polícromas.
Ten a capela unha pía bautismal que leva por decoración unha franxa, de gallóns e aneis funiculares.
A ourivería está presente na capela de Ribadeneira cunha sinxela copa de misar de prata cicelada.