Actualidad
BANDO: Noite de San Xoán.
Ante a próxima celebración da NOITE DE SAN XOAN, e en PREVENCIÓN de posibles prexuízos que se puideran producir tanto a bens como a persoasFAGO SABER:1.- As fogueiras deberán realizarase en lugares despexados e mantendo unha distancia de seguridade prudencial de edificacións, de liñas eléctricas, de zonas verdes ou xardíns, de mobiliario urbanos ou de vehículos, ou daqueles onde poidan crearse situacións de perigo.2.- O asentamento das fogueiras non deberá entorpecer, en ningún caso, os viais de acceso e circulación da zona.3.- Se a montaxe da fogueira se fixera sobre zonas asfaltadas ou empedradas, deberá de protexerse toda a superficie cunha capa de terra ou area. 4.- Non se poderán queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.5.- Os organizadores das fogueiras deberán responsabilizarse dunha correcta e total extinción do lume, así como de retirar todos os restos da queima, deixando o lugar do seu emprazamento nas mesmas condicións de limpeza e orde que estaba previamente.Esta Alcaldía chama aos veciños ao cumprimento das normas contidas neste BANDO a fin de que a NOITE DE SAN XOAN transcorra nun ambiente de sana e pacífica convivencia cidadá.Os veciños que teñan intención de facer fogueiras, e co obxecto de previr calquera tipo de incidente, DEBERÁN COMUNICALO nas oficinas do CONCELLO ou chamando por teléfono (982363303)