Fondo cabecera Concello de Baralla

Actualidade

BANDO: Noite de San Xoán.

Ante a próxima celebración da NOITE DE SAN XOAN, e en PREVENCIÓN de posibles prexuízos que se puideran producir tanto a bens como a persoas


FAGO SABER:


1.- As fogueiras deberán realizarase en lugares despexados e mantendo unha distancia de seguridade prudencial de edificacións, de liñas eléctricas, de zonas verdes ou xardíns, de mobiliario urbanos ou de vehículos, ou daqueles onde poidan crearse situacións de perigo.


2.- O asentamento das fogueiras non deberá entorpecer, en ningún caso, os viais de acceso e circulación da zona.


3.- Se a montaxe da fogueira se fixera sobre zonas asfaltadas ou empedradas, deberá de protexerse toda a superficie cunha capa de terra ou area.


4.- Non se poderán queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.


5.- Os organizadores das fogueiras deberán responsabilizarse dunha correcta e total extinción do lume, así como de retirar todos os restos da queima, deixando o lugar do seu emprazamento nas mesmas condicións de limpeza e orde que estaba previamente.


Esta Alcaldía chama aos veciños ao cumprimento das normas contidas neste BANDO a fin de que a NOITE DE SAN XOAN transcorra nun ambiente de sana e pacífica convivencia cidadá.


Os veciños que teñan intención de facer fogueiras, e co obxecto de previr calquera tipo de incidente, DEBERÁN COMUNICALO nas oficinas do CONCELLO ou chamando por teléfono (982363303)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303